sábado, 20 de abril de 2013

Chema Madoz





Chema Madoz non é só un fotógrafo excepcional, senón que tamén se pode considerar "poeta", ou mellor dito, poeta visual. Cada unha das súas fotografias desprende algún verso que te atrapa e te absorbe.
 Partindo da sinxela base da continuidade e de obxectos sinxelos, o madrileño Chema Madoz consegue efectos realmente hipnóticos.




As fotografias de Chema Madoz son sempre en branco e negro, e a súa traxectoria de máis de 30 anos viuse recompensada por importantes premios, entre os cales destacan o "Premio Nacional de Fotografía do 2000" e "Premio PhotoEspaña".
Recentemente publicou un libro cunha recopilación de máis de 300 fotografías, "Obras Maestras".
 A continuación tedes un vídeo  no cal se amosa unha  pequena parte do seu traballo. Esperamos que vos guste.




Traballo feito por Ana Mª Pérez  2º ESO B