martes, 22 de enero de 2013

Rap Poético: ¿Para que Serve a Poesía?




Deixámosvos o Rap das Xograres@s 


A letra está tomada da contraportada do libro de Fran Alonso: Poétizate, edic. Xerais, unha antoloxía da poesía galega que podedes atopar na biblioteca do instituto.



A música rapeira é da nosa colleita, eh!! Veña, ho, non sexades túzaros e animádevos a aprendela.  Lembrades que xa a cantamos no instituto no Concerto de Nadal? Non temos fotiños, pero deixámosvos unha aproximación do conxunto...juas, juas.. 


E ben, ao final -por se queredes tomar leccións de bos rapeiros-, vai un vídeo do grupo Dios Ke te Crew  que fan unha versión Jazística rapeada dun poema de Celso Emilio Ferreiro: Lingua proletaria do meu pobo.  



Ala, veleivai a letra do noso Rap para poñervos as pilas da boa onda poética... e a Ra-pe-ar mellor que as ras ou que  Dios... Ke te Crew? ... E que as meigas músico-poéticas nos collan confesad@s!!



RAP POÉTICO
¿Para que serve a poesía?
Para cantar
    Para berrar
          Pra recitar
                  Pra rapear
                        Pra susurrar
         Para vivir intensamente
                  Pra musicar
          Pra rebelarse contra o mundo
Para falarlle a alguén ao oído suavemente





4 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  2. Alegrome de que che gustasen as xograres@s.

    ResponderEliminar
  3. eran moi chulos os videos

    ResponderEliminar