As xograresas andamos trala poética Hippie. O próximo venres participamos
no Carnaval literario co “Flower Power” e queremos elexir Banda Sonora. Asi
que vos deixamos un pouco de bo rollo hippie e propoñémosvos que opinedes. ¿Cal dos temas vos gusta máis: San francisco de Scott Mckenzie ou o tema de Joe Cocker Cun pouco de axuda dos meus amigos? Ah, tamén podedes suxerir vós outros…
Jimi Hendrix
No ano 1967 celébrase en San Francisco un festival de música pop que supuxo unha das primeiras concentracións do movemento
hippie. Naquel concerto consagráronse grandes figuras da música como Janis Joplin e Jimi Hendrix.
Pero foi a canción San Francisco (ou Pon
flores no teu cabelo)de Scott Mckenzie a que se converteu no himno daquel movemento contracultural, libertario e pacifista. Aquí vos
deixamos o tema con subtitulos en español.
Outro dos festivais máis famosos da época hippie foi o de
Woodstock(1969), onde se volveron dar cita miles de persoas que mostraban o
rexeitamento ao sistema e facían das súas consignas"Fai o amor e non a guerra"ou "Prohibido prohibir" unha forma de vida. Joe Cocker cantou este fermoso tema:
Bob Dylan
No mundo literario , o cantautor Bob Dylan e Jack Kerouacforon dos poetas máis admirados. On the road ( En el
camino, edit. Anagrama) de Kerouac considerouse lectura
obrigada para a xuventude dos anos 60 e
70.Alguns textos célebres de Kerouac:
Namorate da túa existencia
jack Kerouac
O único camiño é a vida
Todos os seres humanos son tamén seres de ensoños. Soñar une
a toda a humanidade
De súpeto comprendín que todas as cousas só van e veñen,
incluido calquera sentimento de tristeza
A única xente que me interesa é a que está tola, a xente que
está tola por vivir, tola por falar, tola por salvarse, con ganas de todo ao mesmo tempo, a xente
que nunca bocexa nin fala de lugares comúns, senón que arde, arde como
fabulosos cohetes marelos estourando igual que arañas entre as estrelas.
Con respecto o
movemento hippie, aínda que foi asimilado polo sistema, dicir que moitos dos
seu valores ideolóxicos e culturais perviven hoxe (ecoloxismo, antirracismo,
pacifismo, liberdade sexual…) . Asi que se vos interesa saber máis pinchade AQUÍ