Chema Madoz non é só un fotógrafo excepcional, senón que tamén se pode considerar "poeta", ou mellor dito, poeta visual. Cada unha das súas fotografias desprende algún verso que te atrapa e te absorbe.
Partindo da sinxela base da continuidade e de obxectos sinxelos, o madrileño Chema Madoz consegue efectos realmente hipnóticos.
As fotografias de Chema Madoz son sempre en branco e negro, e a súa traxectoria de máis de 30 anos viuse recompensada por importantes premios, entre os cales destacan o "Premio Nacional de Fotografía do 2000" e "Premio PhotoEspaña".
Recentemente publicou un libro cunha recopilación de máis de 300 fotografías, "Obras Maestras".
A continuación tedes un vídeo no cal se amosa unha pequena parte do seu traballo. Esperamos que vos guste.
Traballo feito por Ana Mª Pérez 2º ESO B
Moi interesante a mirada de Chema Madoz.
ResponderEliminarMoitas grazas por subilo.
Chema Madoz é un dos creadores máis orixinais.
ResponderEliminarGrazas por traelo aquí
Deixo un documental de TVE donde se fai un amplo percorrido pola súa obra:
http://www.rtve.es/television/20130210/chema-madoz-regar-escondido/606688.shtml
moi bonito!!!!!!
ResponderEliminarEstá bastante bien.
ResponderEliminar