domingo, 20 de octubre de 2013

Poesía Para os Soños: Walt Whitman e Rob Gonsalves


"Pódese facer bela poesía sobre pequenas cousas"...

Aquí vós deixamos dúas mostras: 

O realismo máxico do pintor Rob Gonsalves e uns versos de Walt Whitman... 

E unha pregunta  ¿Que versos do poema de W. Whitman escollerías?






NON TE DETEÑAS

Non deixes que remate o día sen crecer un pouco,
sen ser feliz, sen aumentar os teus soños.
Non te deixes vencer polo desalento.
Non permitas que ninguén che quite o dereito a expresarte,
que é case un deber.

Non abandones as ansias de facer da túa vida algo extraordinario.
Non deixes de crer que as palabras e a poesía
si poden cambiar o mundo.
Pase o que pase a nosa esencia está intacta.
Somos seres cheos de paixón.
A vida é deserto e oasis.
Derrúbanos, máncanos,
ensínanos,
convértenos en protagonistas
da nosa propia historia.

Aínda que o vento sopre en contra,
a poderosa obra continúa:
Ti podes achegar unha estrofa.
Non deixes nunca de soñar,
porque en soños é libre o home.
Non caias no peor dos erros:
o silencio.
A maioría vive nun silencio espantoso.
Non te resignes.
Foxe.
"Emito os meus alaridos polos teitos deste mundo",
di o poeta.

Valora a beleza das cousas simples.
Pódese facer bela poesía sobre pequenas cousas,
pero non podemos remar en contra de nós mesmos.
Iso transforma a vida nun inferno.
Goza do pánico que che provoca
ter a vida por diante.
Vívea intensamente,
sen mediocridade.

Pensa que en ti está o futuro
e encara a tarefa con orgullo e sen medo.
Aprende dos que poidan ensinarte.
As experiencias dos que nos precederon
dos nosos "poetas mortos",
axúdanche a camiñar pola vida
A sociedade de hoxe somos nós:
Os "poetas vivos".
Non permitas que a vida che pase a ti sen que a vivas...

Walt Whitman



3 comentarios: