Na véspera de Nadal, James crea un boneco de neve que tomará vida durante a noite. James compartirá co seu novo amigo a súa casa e o seu xardín. O home de neve, en agradecemento, invitará a James a facer unha máxica viaxe polas montañas, polo mar e por descoñecidas paisaxes. Nesta aventura atoparán amigos cos que compartirán inolvidables experiencias.
The Snowman ( O Boneco de neve ) é un fermoso relato ilustrado polo novelista inglés Raymond Redvers Brigss. Baseado neste relato fíxose unha curtametraxe que leva o mesmo título. Libro e filme convertéronse nun clásico navideño no Reino Unido. A curtametraxe ( 27 m) foi merecedora dun Oscar. Se queredes vela completa pinchade no enlace.
Estou camiñando no aire é un dos temas musicais más coñecidos e fermosos do filme.
¡BO NADAL !
No hay comentarios:
Publicar un comentario