lunes, 26 de noviembre de 2012

Comezamos a Nosa Andaina




QUEN SOMOS: xograres@s é un grupo poético formado por rapazas e rapaces do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.

OBXECTIVO: compartir o gusto pola poesía e por tódalas manifestacións artísticas.

BLOG: un espazo para a creación e a recreación.  Un recuncho para dar conta das actividades que levamos a cabo no noso centro, e para amosar os versos dos nosos poetas favoritos e os da nosa propia colleita. A música, a pintura, a fotografía e o cine terán tamén a súa acollida.

O NOSO LEMA:

                        PONTE NA PONTE DA POESÍA
                                ATRÉVETE A ASALTALA

O NOSO BERRO MÁIS LÍRICO:

                                                ¡POETíZATE!

Se queres unirte e participar connosco ponte en contacto coas xograres@s de 1º de ESO B, 2º ESO A, 2º ESO B ou 2º ESO C; ou con Pepa, profesora de Galego. Tamén podes entregarnos os teus versos, os dos teus poetas favoritos ou fotografías e debuxos propios para ilustrar os distintos poemas que serán publicados aquí e mostrados nos taboleiros do centro.

                       ¡POETíZATE!

Poesía eres tú
Bécquer

A poesía non morde. 
Poesía é rebelión
Fran Alonso

A poesía e o gran milagre do mundo
Luis Pimentel 

Escribir un poema, marcar la piel del agua
Ángel gonzález

La poesía dice honduras que a veces la prosa calla
Mario  Benedetti

A poesía é o último bastión de resistencia contra o capitalismo, porque nin se compra nin se vende
Claudio Rodríguez Fer