A letra está tomada da contraportada do libro de Fran Alonso: Poétizate, edic. Xerais, unha antoloxía da poesía galega que podedes atopar na biblioteca do instituto.
A música rapeira é da nosa colleita, eh!! Veña, ho, non sexades túzaros e animádevos a aprendela. Lembrades que xa a cantamos no instituto no Concerto de Nadal? Non temos fotiños, pero deixámosvos unha aproximación do conxunto...juas, juas..
E ben, ao final -por se queredes tomar leccións de bos rapeiros-, vai un vídeo do grupo Dios Ke te Crew que fan unha versión Jazística rapeada dun poema de Celso Emilio Ferreiro: Lingua proletaria do meu pobo.
Ala, veleivai a letra do noso Rap para poñervos as pilas da boa onda poética... e a Ra-pe-ar mellor que as ras ou que Dios... Ke te Crew? ... E que as meigas músico-poéticas nos collan confesad@s!!
RAP POÉTICO ¿Para que serve a poesía? Para cantar Para berrar Pra recitar Pra rapear Pra susurrar Para vivir intensamente Pra musicar Pra rebelarse contra o mundo Para falarlle a alguén ao oído suavemente