QUEN SOMOS: xograres@s é un grupo poético formado por rapazas e rapaces do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.
OBXECTIVO: compartir o gusto pola poesía e por tódalas manifestacións artísticas.
BLOG: un espazo para a creación e a recreación. Un recuncho para dar conta das actividades que levamos a cabo no noso centro, e para amosar os versos dos nosos poetas favoritos e os da nosa propia colleita. A música, a pintura, a fotografía e o cine terán tamén a súa acollida.
O NOSO LEMA:
PONTE NA PONTE DA POESÍA
ATRÉVETE A ASALTALA
O NOSO BERRO MÁIS LÍRICO:
¡POETíZATE!
Se queres unirte e participar connosco ponte en contacto coas xograres@s de 1º de ESO B, 2º ESO A, 2º ESO B ou 2º ESO C; ou con Pepa, profesora de Galego. Tamén podes entregarnos os teus versos, os dos teus poetas favoritos ou fotografías e debuxos propios para ilustrar os distintos poemas que serán publicados aquí e mostrados nos taboleiros do centro.
¡POETíZATE!
Poesía eres tú
Bécquer
A poesía non morde.
Poesía é rebelión
Fran Alonso
A poesía e o gran milagre do mundo
Luis Pimentel
Escribir un poema, marcar la piel del agua
Ángel gonzález
La poesía dice honduras que a veces la prosa calla
Mario Benedetti
A poesía é o último bastión de resistencia contra o capitalismo, porque nin se compra nin se vende
Claudio Rodríguez Fer